22 de decembro de 2016

A candidata, de Miguel Sande



Lin esta semana a última novela premiada no García Barros, da que, esquematicamente, saliento tres contras:

1. Algúns fíos narrativos, coido que interesantes, quedan sen profundizar, mesmo a historia que dá título á obra. Certo que isto potencia ocos a encher desde á imaxinación lectora. Ás veces a narración detense en descricións máis ou menos afortunadas.
2. Certas escenas de sexo non me resultan coherentes co transcorrer da narración.
3. O final.

E, por suposto, tres pros:

1. Estrutura interesante que permite coñecer a mesma historia desde varios eus.
2. Imaxes potentes, poéticas, contundentes, ben escritas.
3. Novela para ler sen soltar o libro.

12 de decembro de 2016

Festivala

Festivala
Aínda con retraso, deixo constancia do paso polo Festivala, festival de mulleres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, cos poemarios autoeditados. Tivemos que facer máis para a ocasión. Sorprendeume unha muller aleitando pechada no baño...
Pide aquí o poemario: arainhadasformigas@gmail.com

Festivala
Aún con retraso, dejo constancia del paso por el Festivala, festival de mujeres creadoras, en Vilagarcía de Arousa, con los poemarios autoeditados. Tuvimos que hacer más para la ocasión. Me sorprendió una mujer amamantando cerrada en el baño...
Pide aquí el poemario: arainhadasformigas@gmail.com


5 de decembro de 2016

Din do noso poemario





Hoxe na Voz, agradecida a Ramón Nicolás polas súas palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordade que podedes conseguir o libro escribindo ó mail arainhadasformigas@gmail.com. E, se xa o tes, mándanos a túa lectura. Grazas!

Dicen de nuestro poemario...
Hoy en La Voz, agradecida a Ramón Nicolás por sus palabras sobre Nin pombas nin flores. Recordad que podéis conseguir el libro escribiendo al mail arainhadasformigas@gmail.com. Y, si ya lo tienes, mándanos tu lectura. ¡Gracias!

Poemarios


Quedan aínda uns poucos poemarios desta primeira autoedición, Nin pombas nin flores e Mater lux, de Besteiros e Piñana. Aínda non tes o teu? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
A foto é da presentación no aniversario de GEA, o centro da psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.

Poemarios
Quedan aún unos pocos poemarios de esta primera autoedición. Ni palomas ni flores y Mater lux, de Besteiros y Piñana. ¿Aún no tienes el tuyo? Escríbenos: arainhadasformigas@gmail.com
La foto es de la presentación en el aniversario de GEA, el centro de la psicóloga Jesica Rodríguez en Vilagarcía.